Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presenta unha moción para solicitar á Xunta a que cumpra coas obrigas económicas dos comedores escolares

Que ante a situación que están padecendo os comedores escolares en xeral e do noso concello en particular, pola desidia da Administración Autonómica no que se refire ao incumprimento nas transferencias das partidas correspondentes, está a provocar moitísimas dificultades para este servizo básico para as familias, e de forma especial para a conciliación da vida laboral e familiar.

Que semella un insulto aos cidadáns que as leis se aproben para non ser cumpridas pola administración, e que isto provoque dificultades para os provedores dos colexios cos centros escolares con comedor escolar.

Unifoz, fixo unha nota pública fai uns días denunciando esta situación, información contrastada publicamente pola nota pública da reunión de directores/as en Ferreira do Valadouro.

Por todo o exposto UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN, para solicitar acordo da Corporación, de instar a XUNTA DE GALICIA a que cumpra coas súas obrigas económicas en prazo e forma para garantir o bo funcionamento dos comedores escolares, por ser este un servizo básico para os nosos rapaces/as

Exit mobile version