A Asociación de veciños do burgo de Trasbar participa no programa “Tempos” da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Trátase de realizar actividades físicas de intensidade baixa ou moderada, dirixida fundamentalmente ás persoas maiores, co que se pretende estimular as capacidades físicas e psíquicas así como fomentar as relacións sociais. O curso terá lugar no Local Social de Trasbar todos os xoves ás 18.30 h. A data de comezo é o vindeiro 24 de xaneiro e a data de fin (aproximada) o 21 de marzo. Para apuntarse ata o mércores 23 de xaneiro, 23.01.2013, contactando con calquera membro da Xunta Directiva, deixando os datos no Local Social ou no enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es