Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza grupo de desempregados de Ribadeo

fotoxuntanzadesempregadosEste sábado tivo lugar a segunda xuntanza do grupo de desempregados de Ribadeo que tenta poñer en marcha iniciativas de emprego e actividade económica alternativas. Dela saíron dúas comisións que van estudar nos vindeiros días os pasos a dar para a posta en marcha dunha Cooperativa de Servizos e un Banco de Tempo. A vindeira xuntanza, coma sempre aberta a calquera interesados, terá lugar o sábado 27 ás 12 da mañá, de novo no salón de actos da Casa Sindical. Nela se exporán as conclusións da análise desenvolvida polas dúas comisións e se invitará a participar a persoas con experiencia na posta en marcha e as vías de financiamento destas iniciativas noutras partes de Galicia.

Exit mobile version