Os días 8 e 9 de marzo impártese o curso “El despido: modalidades y problemática actual” na Aula Universitaria de Viveiro. Intervirán Miguel Villa Morán, licenciado en Dereito (UNED) e Doutorado en Dereito pola Universidade de León. O curso está dirixido a aqueles que queiran profundizar no estudo dunha institución central do Dereito do Traballo, en boga actualmente como consecuencia da crise económica. No mes, os días 22 e 23 celebrarase o curso “Crisis, turismo y calidad”. Máis información na secretaría da UNED de Viveiro (Claustros de San Francisco) ou no 982 56 36 01. Por internet, entrando en www.extensionuned.es.