A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza un amplo programa de actos con motivo da celebración do Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, data do seu nacemento. O sábado 23 de febreiro haberá lecturas de poemas de Rosalía de Castro nas distintas cidades e vilas, que irá precedida ou acompañada da lectura dun manifesto elaborado pola AELG. En Lugo será no Refectorio do Museo Provincial ás sete da tarde. E o domingo 24 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral.