Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula Universitaria de Foz da UNED celebra un seminario sobre cómo educar a intelixencia emocional

A licenciada en Psicoloxía, Ana Pilar Rodríguez Guzmán, impartirá en Foz un seminario sobre cómo educar a intelixencia emocional o 15 e o 22 de marzo de cinco da tarde a nove da noite supoñendo un total de 25 horas lectivas que se corresponderán con un crédito ECTS e dous créditos de libre configuración.

A Intelixencia Emocional é coñecida desde fai só uns anos polo público común, principalmente grazas ó “best – seller” mundial de Daniel Goleman. Desde sempre a humanidade debateuse entre a mente e o corazón, deixando marcadas sinais na historia do difícil que é coñecer as paixóns humanas, controlalas e vencelas. Non foi ata recentemente cando se comezaron a desentrañar o complexo papel que xogan as emocións e cómo inflúen nas decisións que tomamos e no noso comportamento.

Programa
Na primeira xornada deste curso a ponente abordará as nocións básicas sobre a Intelixencia Emocional, as habilidades prácticas da Intelixencia Emocional, autoconciencia, control emocional, motivación, empatía, habilidades sociais, a Intelixencia Emocional na familia ou na educación.

Por outra banda, o venres 22 será aquenda da Intelixencia Emocional na saúde, a resolución de conflitos, intelixencia emocional no traballo, motivación e liderato ou traballo en equipo.

A metodoloxía de avaliación virá marcada polas respostas a un cuestionario sobre o visionado dunha película seleccionada, outro sobre os coñecementos impartidos no curso e tamén dunha análise e resolución de casos prácticos.

Inscrición
Os interesados en inscribirse poden facelo on line e enviar o xusticante de pago da matrícula (35 euros ou 25 euros para os alumnos e alumnas da UNED) á Secretaría da Aula por fax ou a través do enderezo electrónico foz@lugo.uned.es.

Exit mobile version