Site icon Crónica3.com A Mariña

A edil de Facenda de Cervo manifesta que o consumo en carburantes se reduciu nos últimos anos

A edil de Facenda lémbralle ao PSOE que o consumo en carburantes reduciuse nos últimos anos

Cervo, 7 de febreiro de 2013-A responsable da Concellería de Facenda, Yolanda Pedreira, manifestou hoxe que o grupo municipal socialista segue na súa liña de “sacar os datos de contexto para alarmar á poboación” en referencia ás críticas sobre o gasto de carburantes nos vehículos do Concello de Cervo.

A edil explica que “o consumo de gasóleo reduciuse nos últimos anos, pasando dos case 61.000 litros no 2009 aos 55.500 no 2012”. Aínda así, Pedreira asegura que “o gasto é maior debido á constante subida de prezos dos carburantes”, aínda que “os socialistas parecen ser os únicos que non se deron conta, porque todo o mundo sabe que o custo do gasóleo leva sufrido unha escalada continuada”.

Ao mesmo tempo, a delegada de Facenda considera que “o que máis molesta aos socialistas é que o grupo de goberno percorre o concello, fala cos veciños, comproba o desenvolvemento das obras e das actuacións que pon en marcha”. “O problema” engade Pedreira, “é que o grupo socialista e o grupo de goberno temos ideas distintas do que é o traballo dun político, e mentres eles prefiren estar nun despacho a quilómetros de Cervo, nós preferimos estar na rúa en contacto directo cos veciños”. Neste sentido a edil asegura que sempre que se utiliza un vehículo municipal “é para traballar”, pero se os socialistas desconfían “pode ser porque eles teñan outros costumes diferentes aos nosos”.

Exit mobile version