Site icon Crónica3.com A Mariña

A monfortina Julia Rodríguez presidirá o Congreso do PP de Lugo que terá lugar o vindeiro 2 de marzo en Burela

Lugo, 23 de febreiro de 2013.- O comité organizador del XVI Congreso do PP de Lugo elixiu a monfortina, Julia Rodríguez, para presidir a mesa do conclave, que se celebrará o vindeiro sábado, día 2 de marzo, no concello mariñán de Burela.

Julia Rodríguez, quen preside tamén a Comisión Organizadora do Congreso, é portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte e deputada autonómica nesta lexislatura. A popular foi tamén senadora no primeiro ano de mandato do Goberno Popular de Mariano Rajoy, de aí que aúna moita experiencia non só a nivel local, senón tamén na política nacional e agora autonómica.

O demais membros do comité organizador do conclave valoraron a súa traxectoria e o coñecemento do partido, destacando os resultados acadados nas pasadas eleccións.

O vindeiro sábado, día 2 de marzo, o PP de Lugo reunirase en Burela nun XVI Congreso Provincial no que, José Manuel Barreiro, será reelixido líder dos populares lucenses.

Exit mobile version