Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico denuncia o aumento da tensión na substitución de contadores

Esta semana a Plataforma recibiu numerosas denuncias de veciños de Cangas de Foz e Fazouro, nas que os veciños se queixan dos malos modos dos operarios encargados da substitución de contadores, de invasión de propiedade privada por parte destes operarios sen autorización dos propietarios; así como de recibir amezas cando se negan á substitución con frases como “se non o cambia atéñase ás consecuencias”.
Dende a Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico recordan que en Foz ditos operarios, ante a negativa dalgúns usuarios á substitución do contador e tras mostrar malos modos, retiraron o equipo horas máis tarde aproveitando a ausencia no seu domicilio dos propietarios.
Algúns veciños de Cangas afirman recibir chamadas telefónicas de xente que se identifica como persoal de BEGASA nas que a compañía lles contesta dicindo que non teñen obrigación de proporcionarlles a documentación dos contadores.
Desde a plataforma recordan que o artigo 12 do Real Decreto 1100/2007 establece que o cliente é o encargado de que ditos equipos cumpran con tódolos requisitos legais establecidos. Os socios da plataforma non se negan á substitución senón que só se aseguran de que ditos contadores cumpren coa lei como é a súa obrigación. “Por facer unha comparación, é como se compras o alugas un coche e o vendedor che di que non che da a documentación do mesmo, xa que non ten obrigación diso. Impensable”, apuntan dende a Plataforma que, ademais, critican a “pasividade da delegación territorial de Industria”.

Exit mobile version