Site icon Crónica3.com A Mariña

A sexta edición da marcha cicloturista BTT de Foz celébrase o domingo 17

A MARCHA CICLOTURISTA DE FOZ, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DOMINGO, TERÁ PARTICIPANTES GALEGOS, ASTURIANOS E LEONESES. FOI PRESENTADA ESTA TARDE NO CONCELLO COA PRESENCIA DO ALCALDE, QUEN DESTACOU A IMPORTANCIA DO EVENTO.

Foz, 13 de febreiro de 2013. A sexta edición da marcha cicloturista BTT Pico da Lebre, de Foz, foi presentada esta tarde na Casa do Concello por directivos do Club Ciclista Foz e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen destacou a importancia deste evento que se celebrará este vindeiro domingo, día 17.

A proba sairá dende o polideportivo municipal focense ás nove e media da mañá e os participantes farán un percorrido mixto entre a costa, polas rutas das praias e o do río Ouro, e de montaña, polo Bispo Santo e San Martiño. Os organizadores anunciaron que xa están apuntados cerca de 200 participantes de diferentes localidades e autonomías (galegos, asturianos e leoneses). Despois da ruta os ciclistas reuniranse para compartir comida na sala Bahía, de Foz, ás tres da tarde.

Os organizadores e o alcalde agradeceron o apoio de varias firmas que patrocinan a ruta: Distribuciones Carreira, Fundación Alcoa, Frutas Morriña, Coca Cola, Autos Armando Rodríguez, Peluquería Isabel López e Namarinos. Tamén deron as grazas pola colaboración do Concello de Foz, a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.

Todos aqueles que queiran participar aínda poden apuntarse chamando aos organizadores ao teléfono 636.73.56.61.

Exit mobile version