Site icon Crónica3.com A Mariña

Antroido e parchís en Trasbar

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO sábado 9 de febreiro deu comezo o campionato de parchís organizado pola asociación O Burgo de Trasbar. Nesta edición son 11 as parellas inscritas. En cada encontro xóganse tres partidas. Ao final do campionato (previsto para finais de abril) entregaranse os premios (1º, 2º, 3º e peor puntuación) nunha cea gratuíta para os participantes que terá lugar no Local Social de Trasbar.
E ás nove e media da noite do luns 11 de febreiro empezaron a chegar as primeiras persoas disfrazadas ao Local Social de Trasbar. A pesar de non haber desfile nin entregar premios, abundaron as risas, as roscas, as orellas e o bo humor. Non faltaron á cita as avoas, as nenas, o neno traste co balón e as féminas máis sexys da volta. Tamén contaron cun médico e cunha enfermeira por se alguén resultaba ferido.
Actualmente, a asociación continúa co curso de natación os luns e mércores na Piscina Municipal de Lieiro, os xoves ximnasia de mantemento (programa Tempos) no Local Social de Trasbar e os venres o taller de memoria do Concello de Cervo tamén no Local Social.
Dende O Burgo de Trasbar avanzan que seguen preparando actividades para os socios e “a próxima esperamos que sexa a celebración da Pascua o domingo 31 de marzo”.

Exit mobile version