Site icon Crónica3.com A Mariña

Aturmar amosa satisfacción sobre a participación en Turexpo 2013 pero demanda o apoio institucional

A axenda de traballo programada pola Asociación de Turismo Rural da Mariña consistía na realización de rondas de traballo e entrevistas con tour operación de Alemania, EE.UU., Hungría, India, México, Holanda, República de Corea, Noruerga, República Checa, Italia, Reino Unido e España.

Entre outras, supón unha acción máis que fai a plataforma non só en favor dos establecementos que representa, senón de todo o turismo da Mariña lucense, como labor importante para dar a coñecer a comarca na que se atopan todos os seus negocios.

Supuxo unha alegría e á vez un gran estandarte a noticia do pasado xoves, cos premios de TripAdvisor, nos que se elixiu á praia de As Catedrais como a mellor praia de España, segunda de Europa e sexta do mundo. Aturmar amósase satisfeita das negociacións e presentacións realizadas, xa que en moitos casos lograron despertar un gran interese polo descoñecemento que existe aínda dos valores do noso destino. Agora hai que dar seguimento a estas xestións, para seguir convencendo das posibilidades de negocio da nosa comarca, A Mariña Lucense.

O colectivo sinala que unha vez máis non contaron con apoio institucional por parte de ningunha administración para realizar esta acción de gran repercusión e en pro da Mariña, que realizaron exclusivamente con aportación de fondos propios privados.

Cabe sinalar por parte da Asociación e coas opinións dos asociados, o descontento e a falta de respecto que consideran a administración e os representantes públicos ostentan cara eles por non contestar as solicitudes realizadas.

A única noticia negativa que obteñen da súa presenza na Feira de Silleda é que algún representante mariñán en vez de defender os intereses dos cidadáns, fixeron todo o contrario. Destacan isto xa que un alcalde que estivo en Fitur coincidiu cun importante maiorista que traballa no mercado alemán ó que lle afirmou que non colaboraría con Aturmar.

Presidente Aturmar. VºBº Junta Directiva Aturmar.

Exit mobile version