Un operativo especial de emerxencias da Deputación de Lugo composto por 109 persoas e 56 vehículos traballa intensamente dende as seis da mañá deste martes para limpar as estradas da rede viaria provincial. Tendo en conta o ritmo das tarefas, e dado que a borrasca remite e a cota de neve ascende, o organismo lucense estima que a primeiras horas desta tarde quedarán despexadas todas as vías provinciais. A primeira hora da mañá estaban pechadas 10 estradas provinciais nos municipios do Courel, Cervantes, A Fonsagrada e Pedrafita, sen que, polo demais, se producisen incidentes ó longo da noite.