Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro participará na presentación da feira gastronómica “Xantar 2013” que terá lugar no SALENOR en Avilés

BALSEIRO PARTICIPARÁ NA PRESENTACIÓN DA FEIRA GASTRONÓMICA XANTAR 2013 NO SALÓN SALENOR DE AVILÉS

Santiago, 19 de febreiro de 2013.- O Secretario do Parlamento de Galicia e deputado mariñán José Manuel Balseiro participará o vindeiro mércores día 20, na presentación oficial que da feira gastronómica XANTAR 2013 terá lugar en SALENOR, o Salón da Alimentación e o Equipamento do Norte que cada dous anos se celebra no Pavillón de Exposicións de La Magdalena en Avilés.

O Secretario da Cámara galega será o encargado de dar a coñecer –a partir das 13.00h- ao conxunto dos profesionais do sector agroalimentario as novidades do Salón Galego de Gastronomía e Turismo –isto é Xantar 2013- unha feira que acada a súa 14ª edición e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

No evento Balseiro dará paso á intervención do xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo e a Carlos Martínez Guardado, vocal do comité asesor e coordinador do encontro internacional de confrarías gastronómicas de Xantar 2013 que afondarán na explicación das novidades principais incluídas na programación da feira gastronómica galega.

COMENSAL DE HONRA ÁLVARO CUNQUEIRO

Pola tarde, José Manuel Balseiro., será nomeado comensal de honra “Alvaro Cunqueiro” no marco no certame de pulpo á feira no que participa a Federación de Cofradías Gastronómicas (FECOGA) e o grupo Gastrónomos del Yumay, tamén de Avilés. Este certame gastronómico que ensalza a preparación do polbo baixo unha das receitas máis tradicionais de Galicia, celebra a súa segunda edición.

Exit mobile version