Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro propón o debate parlamentario sobre a reforma das tripulacións mínimas nos buques de pesca

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, cumpre o compromiso adquirido cos representantes do sector pesqueiro da Mariña lucense, e do conxunto da comunidade, e trasladará á próxima sesión plenaria do Parlamento de Galicia -que ten previsto celebrarse o vindeiro martes 12 e mércores 13- o debate sobre a reforma da normativa vixente sobre tripulacións mínimas requiridas para os buques de pesca.

O parlamentario acolleu este compromiso nas diversas xuntanzas que veu celebrando con patróns maiores das confrarías de pescadores e representantes das organizacións produtoras de peixe, logo de ter constatada a obsolescencia da normativa actual que leva preto de 50 anos de vixencia.

A iniciativa da que é autor Balseiro unha harmonización dos criterios empregados en relación coas tripulacións pesqueiras nos distintos países da Unión Europea para evitar que os barcos galegos poidan verse prexudicados como consecuencia da diversidade normativa que existe entre os países europeos e que esta disparidade de criterios provoque unha competencia desleal para a nosa flota.

O deputado tamén interpelará á Conselleira do Medio Rural e do Mar sobre a valoración dos resultados do acordo europeo para o establecemento de TAC e cotas (posibilidades máximas de pesca por país nos caladoiros europeos) durante o 2013.

Exit mobile version