Site icon Crónica3.com A Mariña

Campamento de primavera en San Xián de Cabarcos

O grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela organiza un campamento dirixido a nenas/os de 8 a 16 anos nos días 24,25,26 e 27 de marzo, na parroquia de San Xián de Cabarcos, no concello de Barreiros. O custe da actividade é de 45€ para os inscritos e 60€ para os non inscritos (campamento máis a inscrición do mes de abril ás actividades). A data límite para inscribirse será o 18 de marzo. Para máis información consultar a páxina chaodecastro.wordpress.com, mandar un correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou telefonar ao seguinte número 626739549.

Exit mobile version