O restaurante A Dorada do Cantábrico de Ribadeo organiza, un ano máis, a súa cea especial de San Valentín. Será o xoves 14 de febreiro a partir das 22.30 horas. O menú está composto de: paté de cabracho, navallas á prancha con aroma de menta, merluza do pincho en salsa romántica e fresas con nata e chocolate. Tamén inclúe viños, café e licores. O prezo é de 50 euros por parella. Os asistentes á cea de San Valentín do restaurante A Dorada do Cantábrico entrará no sorteo dunha noite de hotel. O sorteo celebrarase ó concluír a velada. Os interesados poden reservar no propio establecemento ou no 982.129.608.