CELTAPRIX LAVA ESTES DÍAS OS CONTEDORES ORGÁNICOS DE BURELA, UN TRABALLO QUE SE REALIZA PERIÓDICAMENTE, SEGUNDO A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE.
Burela, 15 de febreiro de 2013. Celtaprix, a empresa concesionaria do servicio de recollida de lixo, está procedendo nestes días ao lavado dos contedores orgánicos, un traballo que se realiza periódicamente en Burela.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, indicou que “deste xeito, téntase evitar a acumulación de residuos nos contedores e tamén os cheiros derivados dos mesmos”. Os traballos de lavado destes recipientes comezaron estes días e está previsto que rematen a vindeiro semana.
López Eijo apelou unha vez máis ao compromiso dos cidadáns e á súa colaboración, “a recollida de lixo é cousa de todos, e todos temos que preocuparnos de levar a cabo do xeito máis correcto posible a separación dos distintos residuos e a súa correspondente ubicación nos respectivos contedores”.
O lixo debe depositarse nos contedores axeitados sempre dentro de bolsas. “Os desperdicios que xeneramos nas nosas cosas non se poden tirar directamente nos contedores”, engade a edil popular, que fai unha chamada “aos veciños e ás veciñas de Burela para que non baixan a garda e para que teñamos a nosa vila o máis limpa posible”.