Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre certificación de montes e madeiras en Lourenzá e Trabada

As Asociacións de Productores de Madeira de Lourenzá e Trabada (Promalou e Promatra) levan a cabo a súa campaña de información aos propietarios. Deste xeito, convidan a todos aqueles productores interesados na certificación dos seus montes e madeiras a asistir a unha charla informativa que se realizará o vindeiro sábado 2 de marzo nos salóns de actos dos Concellos de Lourenzá e Trabada respectivamente. O horario será ás 11.00 da mañá en Trabada e á 13.00 en Lourenzá. A charla estará impartida por técnicos da empresa madeireira BSL-EUCALYPTUS S.L.

Exit mobile version