A Asociación de ‘Mujeres en Igualdad Burela’, xunto coas asociacións de Amas de Casa e Palilleiras, organizan unha comida o vindeiro sábado 9 de marzo ás dúas e media do mediodía con motivo do Día Internacional da Muller. A comida terá lugar no Hotela Nordés e as persoas que desexen asistir deberán anotarse no local da asociación en Avenida Arcadio Pardiñas, 137 (Galerías Expomar) de luns a xoves de cinco a sete da tarde.