Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituíuse en Xove a Comisión Local de Seguridade nunha xuntanza extraordinaria

COMITÉ LOCAL DE SEGURIDADE XOVE 4O Salón de Plenos do Concello de Xove acolleu na mañá deste luns 11 de febreiro ás once unha reunión extraordinaria para a constitución da Comisión Local de Seguridade. Esta reunión foi convocada conxuntamente polo Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo. Á mesma tamén estaban convocados representantes da Guardia Civil e da Unidade de Tráfico; representante da Policía Nacional; representante da Policía Autonómica; a Concelleira de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade e a Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller. Tamén asistiron á mesma membros da Policía Local de Xove pertencentes ao corpo de vixiantes municipais. O Secretario do Concello de Xove actuou como secretario da reunión que tiña na orde do día a constitución da Comisión Local de Seguridade, a análise da situación de seguridade cidadá durante o ano 2012 e a achega de información sobre a intención de constituír unha comisión de coordinación para mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero.

Exit mobile version