A iniciativa chega este venres, 1 de marzo, ao CIFP Porta da Auga de Ribadeo e aos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Jesús. A edil de Igualdade ribadense, Mariluz Álvarez Lastra, manifestou que “proseguimos coas actividades previstas para a oitava campaña de sensibilización en igualdade cos centros educativos Un futuro por compartir en igualdade. Á vez tamén se pretende promover á animación á lectura e o contacto cos contos xa desde estas idades temperás. Os contos narrados serán os de Adela Turín e Nella Bosnia Rosa Caramelo e Artur e Clementina, que vén de traducilos ao galego a editorial Kalandraka.