O coro do IES de Foz celebra unha convivencia de tres días en Llanes cun coro profesional de Asturias, coro “Voces Blancas del Nalón”. Este coro ten unha ampla traxectoria nesta comunidade. O fin desta actividade é o de compartir experiencias musicais, evolucionar na técnica vocal e compartir novo repertorio. O alumnado terá un número considerable de ensaios tanto individuais como en grupo. A convivencia remata cunha actuación no Casino de Llanes, o domingo día 3 de marzo.