Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Lugo convida á cidadanía a mobilizarse o sábado 16 na Praza Maior para a paralización dos desafiuzamentos

Compromiso por Galicia Lugo apoia as mobilizacións de Stop Desafiuzamentos-Plataforma de Afectados pola Hipoteca, e convidamos á cidadanía a mobilizarse o sábado 16 de febreiro ás 18h, na Praza Maior de Lugo.

A cidadanía, os partidos, sindicatos e asociacións teñen no problema dos desafiuzamentos un obxectivo que deben compartir: evitar que milleiros de familias se enfronten a unha condena financeira de por vida e que mesmo está sendo causa de dramáticos desenlaces. A coordinadora provincial de CxG, Rocío López Pacio califica de “abusos das entidades financeiras e a propia complicidade do goberno, que da cobertura cunha lei inxusta, mentres se rescata á banca con diñeiro público, e non se defende o dereito á vivenda”

Aínda que mostramos satisfacción de que a presión social fixese que o Partido Popular modificara o sentido do seu voto e a que Iniciativa Lexislativa Popular superara o primeiro dos trámites parlamentarios; agardamos que se acepten o conxunto de medidas de mínimos para a modificación da lei hipotecaria, que permita a dación en pago con efectos retroactivos, a paralización inmediata dos desafiuzamentos pendentes, e a creación dun parque de vivenda-alugueiro social.

Exit mobile version