Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel López proclámase campión da XIII Liga de Bolos de Xove Sub 16

DANIEL LÓPEZ 2Excelente participación nunha fría xornada da Liga de Bolos de Xove correspondente á tirada de Vilachá.

Liga Senior Masculina.- Clareáronse algo as cousas, pero non moito. A vitoria de Arturo Vigo, máis a mellor bolada, permítelle manter o liderato e ampliar a súa vantaxe a 7 puntos sobre José Rafael, 8 sobre Carlos Javier e xa 12 sobre Sócrates, este último o máis falloso na pasada xornada de Vilachá. Inda así, calquera dos 4 mantén as súas opcións á vitoria final, na cal, por suposto, vai contar moito a templanza dos xogadores; neste sentido, Arturo parte con vantaxe, dada a súa experiencia e o número de vitorias acadadas nas 24 edicións deste Campionato, razón pola cal neste intre é claramente favorito a renovar o título, que en caso de obtelo, sería o seu XIIIº.

Liga Senior Feminina.- Nesta Liga, definido xa o título a semana pasada, quedaba a pelexa pola segunda e terceira posición. Pois ben, a falla das tiradas de Morás (2 de marzo) e Sumoas (9 de marzo), Belén Meitín con 49 puntos asegura practicamente o subcampionato final, quedando a pelexa pola terceira praza restante entre Concepción Piñeiro con 40 puntos e Dolores Baño con 39, esta última grazas á vitoria obtida e mellor bolada esta pasada fin de semana en Vilachá.

Liga Sub 16.- Nesta Liga tamén está practicamente todo decidido. Daniel López proclamouse brillantemente CAMPIÓN DESTA XIIIª EDICIÓN DA LIGA SUB 16; os 16 puntos de vantaxe sobre a súa inmediata perseguidora son xa definitivos.
A pelexa que había entre Salomé Cardoso e seu irmán Isaías pola segunda praza, practicamente quedou resolta a favor da primeira, grazas á súa vitoria e mellor bolada, o que lle permite a Salomé manter unha diferenza de 9 puntos insalvable para Isaías.

A vindeira tirada, e DECIMOSÉTIMA DO CAMPIONATO, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS o vindeiro SÁBADO 2 DE MARZO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ   ( 23  FEBREIRO 2013)

 38   INSCRITOS:   23  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 18   E     9  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                        NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

323

12

SEGUNDO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

292

10

TERCEIRO JOSÉ RAFAEL BERMÚDEZ CASABELLA

277

8

CUARTO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

274

7

QUINTO ADÁN RODRÍGUEZ ROCA

271

6

SEXTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

265

5

SÉTIMO FÉLIX MÉNDEZ GALDO

265

4

OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

264

3

NOVENO JOSE VIGO LAGE

263

2

DÉCIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

247

1

MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA

89

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

158

6

SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

158

4

TERCEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

156

3

CUARTO CRISTIAN GEADA CARPINTERO

76

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

69

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

62

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

223

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

202

4

TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL

188

3

CUARTO LEONOR CASABELLA RORÍGUEZ

147

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

133

1

MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA

69

1

Exit mobile version