Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia destaca que o único compromiso que ten adquirido o PP co Hospital da Costa é a súa ampliación

Lugo 26 de febreiro de 2013- Logo da sesión provincial plenaria desta mañá os populares están convencidos de que a prioridade de Besteiro e dos seus socios de goberno é xerar polémica nun tema tan sensible como a sanidade. Fala Elena Candia, do Hospital da Costa, en Burela e do Hospital de Monforte.

“O único compromiso que ten adquirido o PP co hospital da costa é a súa ampliación”- manifestou Elena Candia, quen engadiu que existe unha total contradición no bipartito e non hai credibilidade, posto que primeiro propoñían a implantación das áreas sanitarias e, sen embargo agora, rexéitana.

FONDO DE COLABORACIÓN

Elena Candia lamenta que o bipartito votara en contra da moción popular, quen pediu que habilite un fondo de colaboración cos concellos para atender a obras de emerxencia. Afirma Elena Candia que desta maneira, o Señor Besteiro e os seus socios de Goberno, desoen as atencións dos concellos, incluso cando a necesidade é indiscutible.

Exit mobile version