Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista denuncia a falla de orzamentos en I+D+i, ausencia de inversións en políticas de emprego e a falla de apoio aos sectores estratéxicos

A taxa de desemprego é o único indicador onde Galicia converxe co resto do Estado

Espazo Ecosocialista denuncia a falla de orzamentos en I+D+i, ausencia de inversións en políticas públicas de emprego e a falla de apoio aos sectores estratéxicos

Hai uns días nun informe elaborado por Espazo Ecosocialista xa afirmabamos que sen inversión en Investigación e Innovación non había posibilidade de saír solidamente da crise e confirmabamos que as cifras neste terreo eran ridículas.

Ademais ás habituais noticias sobre desmantelamento de sectores estratéxicos da nosa economía como agro, gandería ou pesca, véñense a sumar as malas perspectivas do turismo ou os enganos do Goberno Central e Xunta de Galicia sobre as demandas de carga de traballo no sector naval público.

Espazo Ecosocialista xa ten plantexado reiteradamente a creación de postos de traballo que suporía unha aposta pola inversións en desenvolvemento sustentable, enerxías alternativas, políticas paliativas do cambio climático, etc.

Os ecosocialistas galegos amosan a súa preocupación polas políticas de redución do déficit, de recortes e austeridade tanto do Goberno Central como da propia Xunta de Galicia. Políticas que apoiándose na reforma laboral o único que están a conquerir son maiores taxas de desemprego, peores condicións de traballo laborais, precarizando e levando ao ós traballadores e cidadanía a situacións inimaxinables fai un tempo, de exclusión social.
Isto agravase cando desde a Consellería de Industria non se fan políticas de inversión publica e as únicas apostas son empresas altamente contaminantes e que degradan o hábitat como as minas a ceo aberto e con técnica como as do ‘fracking’ que non aportan valor engadido e espolian as nosas materias primas, máis propias de países periféricos neocolonizados.

Os datos do paro rexistrado de xaneiro sinalan que hai 12.003 parados e paradas máis ca o mes anterior, o que supón un aumento do 4,31%, superior en 1,59 puntos á suba estatal. Este ascenso chega ligado a un descenso da afiliación á seguridade social de 15.199 persoas.

Ademais se sigue a destruír emprego de calidade xa que nese período os contratos indefinidos só supoñen o 9,90% do total (5.340).

Ademais en Galicia, a afiliación á seguridade social descendeu en xaneiro un 1,64%, 15.199 afiliadas e afiliados menos, ata se situar o número total de persoas afiliadas en 912.184.

Para os ecosocialistas a radiografía sobre o emprego e alarmante. A perda en Galicia de 10 empregos cada hora, onde o desemprego ten unha suba do 4,31% no primeiro mes deste ano, onde a tasa de paro é do 21,28% e que no derradeiro ano incrementouse en 19.506 parados máis, cun total de 277.400 persoas no paro.

O goberno de Feijóo amosase un mes máis incapacitado para cambiar a dinámica que el mesmo prometeu modificar en dous anos e xa van para cinco. Galicia so converxe co estado en termos de desemprego.

Consideramos que para frear esta constante de paro e precaridade hai que mudar de políticas, plantexarse seriamente o investimento público, que relance ó conxunto dos sectores, fundamentalmente os novos sectores, e tamén ante o progresivo incremento da pobreza políticas de protección posto que son moitos os fogares que teñen seus membros activos sen emprego.

Faise necesario tamén outra orientación política na fiscalidade: cómpre utilizar a capacidade normativa con que conta Galicia e modificar a lei de estabilidade orzamentaria para poder trazar outro escenario de gastos. A nova política deberíase basear no investimento e nos servizos públicos, no apoio aos sectores produtivo se na protección social, a fin de actuar sobre a actividade económica e o emprego e plasmalo xa nos orzamentos do 2013 que agora se debaten no Parlamento Galego.

Exit mobile version