Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro social A Vara acolleu aos 37 inscritos na última tirada do Campionato de Bolos do Concello de Xove

Bolos-Carmen RocaLiga Senior Masculina.- Candente é o termo que podemos aplicar a esta Liga. A vitoria de Arturo Vigo e o segundo posto de José Rafael, conxugado co mal resultado obtido polos dous primeiros clasificados (Carlos Javier e Sócrates), fai que teñamos un novo líder, Arturo Vigo (con 107 puntos), e que Carlos Javier e José Rafael compartan o segundo posto (con 105 puntos), con Sócrates en terceira posición (con 103).
Estes catro xogadores vanse disputar os tres grandes postos finais, sendo a separación entre eles mínima, de aí que as tres tiradas que quedan para rematar a temporada, Vilachá, Morás e Sumoas, van ser apaixonantes. A partir de agora xa non quedan moitas posibilidades de fallo, de aí que eses xogadores terán que ir a asegurar e esperar algún erro dos seus opoñentes. De tódolos xeitos, cremos que Arturo Vigo parte cunha lixeira vantaxe, pola súa experiencia nestas lides, e ademais e un xogador moi templado nos momentos decisivos. Aínda que todo pode pasar; xa que Arturo perdoou unha Liga no último día de tirada, polo que todo pode pasar. A quinta posición tena asegurada César Cancelos, con 76 puntos, quen está a facer unha temporada moi regular, manténdose sempre nos postos altos da táboa. Recordamos que hai premio e trofeo para os 12 primeiros da clasificación ao final da temporada.

Liga Sénior Feminina.- CARMEN ROCA CAMPIOA DA IVª LIGA FEMININA Carmen, polo tanto, renova o título e consigue o seu terceiro entorchado nas catro edicións disputadas: campioa nas temporadas 2009-2010, 2011-2012 e 2013. A falla de tres tiradas sácalle 23 puntos a Belén Meitín, cun máximo de 21 puntos por disputar nas tres tiradas (6 puntos + 1 punto de bolada en cada tirada).
Para as restantes prazas de honra, ou sexa o 2º e o 3º posto, temos neste intre a Belén Meitín con 45 puntos, Concepción Piñeiro con 39 e Dolores Baño con 32. A vantaxe, loxicamente para Belén e Concepción, que manterán os seus postos se non falla. En quinta posición Salomé Bermúdez con 20 puntos, pero xa moi alonxada dos postos de honra. Nesta categoría teñen premio en metálico e trofeo as 5 primeiras clasificadas ao final.

Liga Sub 16.- Novena vitoria de Daniel López, virtual gañador desta XIIIª Liga, a quen só lle falta un punto para poder proclamarse matematicamente campión. A verdade é que este novo xogador experimentou un gran crecemento coma xogador esta temporada, dominándoa de principio a fin. En segundo posto temos a vixente campioa, Salomé Cardoso, con 63 puntos, seis máis co seu irmán Isaías. Entre eles dous disputaranse a segunda praza, e serán eles dous os que lle dean emoción a esta pequena Liga, cando o primeiro posto está practicamente definido.

 

A vindeira tirada, e décimo sexta do campionato, vai ter lugar no Centro Social de Vilachá o vindeiro sábado 23 de febreiro a partir das tres da tarde.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA   (16  FEBREIRO 2013)

  37  INSCRITOS:   24  NA LIGA SENIOR,     5 NA LIGA SUB 18   E    8  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                    NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

305

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

270

10

TERCEIRO JORDI MEITÍN SERANTES

266

8

CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES

165

7

QUINTO JOSE VIGO LAGE

248

6

SEXTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

145

5

SÉTIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

142

4

OITAVO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

238

3

NOVENO ADÁN RODRÍGUEZ ROCA

233

2

DÉCIMO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

231

1

MELLOR BOLADA CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

88

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

162

6

SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

160

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

139

3

CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO

79

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

30

1

MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO  RODRÍGUEZ

50

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL

151

6

SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

139

4

TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

130

3

CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO

121

2

QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA

86

1

MELLOR BOLADA CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

49

1

Exit mobile version