A Consellaría de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura recolle oficialmente o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. Deste xeito, a biblioteca municipal de Ribadeo comeza a celebración cunha exposición dos fondos relacionados con ela. A intención é descubrir unha escritora moderna, comprometida coa súa lingua, coa súa condición de muller e co seu país, todo envolto nunha calidade literaria excepcional.