Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia anuncia que a Mesa de Coordinación da Violencia de Xénero funcionará en breve en Burela

IMG_5254A MESA DE COORDINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PORASE EN MARCHA EN BREVE, SEGUNDO ANUNCIABA O ALCALDE NO DÍA DE HOXE. ESTA MAÑÁ REUNIUSE NO CONCELLO A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE.

Burela, 6 de febreiro de 2013. A mesa de coordinación da violencia de xénero porase en marcha en breve en Burela, segundo anunciaba hoxe o alcalde, José Mª González Barcia, tras a reunión mantida no Concello pola xunta local de seguridade.

O rexedor sinalou que “si unha xunta local de seguridade ten a súa importancia porque en todas elas se tenta mellorar a coordinación e colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local e tamén entre as administracións, na de hoxe é aínda máis importante esa colaboración porque se trasladou ao ámbito da violencia de xénero e sobre todo a aumentar a protección das vítimas desta lacra”.

González Barcia recoñeceu o traballo realizado pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e polas persoas que desde a Subdelegación do Goberno en Lugo traballan na violencia de xénero. A mesa de coordinación de Burela porase en marcha en breve, segundo anunciaba hoxe o alcalde.

O rexedor burelés destacou “a colaboración existente entre a Garda Civil e o Subsector de Tráfico coa Policía Local, relación que foi recoñecida esta mañá polos presentes e que actúa no caso dos accidentes de tráfico que se producen no casco urbano de Burela, resolvéndose de xeito correcto, e tamén nas noites de fin de semana”. José Mª González Barcia dixo que “todos recoñeceron a excepcionalidade dos incidentes ocorridos hai uns días en Burela e comprometémonos todos a traballar en mellorar aínda máis esa coordinación entre a Garda Civil, o Subsector de Tráfico e a Policía Local”.

O alcalde de Burela tivo palabras de agradecemento para a Policía Local “por ese espírito de colaboración e tamén á Garda Civil e ao Subsector de Tráfico pola súa predisposición para que esas relacións sexan boas e redunden na busca do obxectivo de mellorar a seguridade dos cidadáns”.

Exit mobile version