Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Burela e IES Perdouro inauguran a exposición “Cinco anos de banda deseñada na Mariña”

Foto banda deseñadaGONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE É IMPORTANTE QUE OS ALUMNOS DUN CENTRO EDUCATIVO REALICEN OUTRO TIPO DE ACTIVIDADES PARA COMPLETAR A SÚA FORMACIÓN. O ALCALDE INAUGUROU NA CASA DA CULTURA A EXPOSICIÓN DAS QUINTAS XORNADAS DE BANDA DESEÑADA DO IES PERDOURO.

Burela, 18 de febreiro de 2013. Esta tarde foi inaugurada a exposición conmemorativas das quintas xornadas de banda deseñada do IES Perdouro. O acto foi presidido polo alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor sinalou que “é importante que os alumnos dun centro educativo realizasen outro tipo de actividades para completar a súa formación e ampliar o abanico do coñecemento. É importante despertar o interese por outro tipo de actividades diferentes ás que se imparten nos centros”.

González Barcia subliñou que “as xornadas de banda deseñada do IES Perdouro xa están consolidadas. O apoio do Concello está aí. Estamos convencidos de que o centro ten en mente novas actividades pedagóxicas que quererá levar á práctica. E o Concello axudaralle na medida das súas posibilidades”.

O alcalde, na súa intervención desta tarde, engadiu que “é bo que as actividades que organizan os centros de ensino, teñan continuidade no tempo”. Ao acto de inauguración da exposición conmemorativa das xornadas de banda deseñada asistiron a concelleira de Educación, Mónica Pedre; o representante do Concello no consello escolar, Manuel Fernández Valle; e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.

Exit mobile version