Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe da comparsa “Aínda hai xenio” de San Cibrao

claraA comparsa “Aínda hai xenio” de San Cibrao celebrou o pasado venres no restaurante A Bodega a súa tradicional Cea de Comadres que organiza asiduamente dende hai seis anos. Unha cea na que aproveitaron para homenaxear a Clara Rey, a súa compoñente máis veterana, que leva implicada na comparsa dende os seus comezos e que aos seus 80 anos despídese dela. Todas as mulleres da comparsa quixeron amosarlle o seu agarimo a Clara Rey a través deste acto. O grupo non se limita a ter presenza no Entroido, senón que ademais se xunta mensualmente para facer saídas, encontros e outras actividades.

Exit mobile version