Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro propoñen que Harqhuindey Banet dea nome a unha avenida

O Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro (iVi) considera que Gerardo Harqhuindey Banet é merecedor de dar nome a unha avenida da vila. Polo mesmo, propoñen ao Pleno do Concello debater a asignación do nome de D. Gerardo Harguindey Banet á avenida que vai dende o cruce de Celeiro (na actualidade Avda Ramón Canosa) ata a cofradía de pescadores.

O concelleiro Guillermo Leal considera que “Harguindey Banet foi un home clave para o desenvolvemento da pesca na costa de Lugo, e de de Celeiro en particular, pero tamén incluso noutros aspectos, como o da creación do Hospital da Costa”.

Gerardo Harguindey Banet, naceu en Lugo o 29 de maio de 1937 e finou en Madrid o 25 de setembro de 1998. Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1964. Foi Subsecretario do Ministerio de Traballo (1977-1980), Conselleiro didáctico (1964) e Vicesecretario Xeral do Instituto Social da Mariña, delegado Provincial (1965-1970), director dos Servizos Provinciais de Madrid ata 1971 cando foi nomeado Vicesecretario xeral. Foi asesor da delegación gobernamental española nas Reunións Marítimas da Conferencia Internacional de Traballo (Xenebra 1970 e 1976). Tamén foi senador da UCD por Lugo (1977-1979), deputado do Centro Democrático y Social na Asemblea de Madrid (1987-1991), senador do CDS por Madrid (1989-1991). Foi presidente rexional de Madrid do CDS.

O sector pesqueiro de Celeiro brindáralle unha homenaxe póstuma no ano 2005. Naquela ocasión interviron o Patrón Mayor da cofradía de Celeiro Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Rey Seijas; Antonio Nores Quesada, subdirector provincial do Instituto Nacional de la Seguridad Social (naquela data) e ex director provincial do Instituto Social da Marina, e na actualidade Director Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, o que fixera unha semblanza do homenaxeado. Rematara o acto Vicente Gradaílle Trobo, ex Patrón Maior de Celeiro, párroco emérito de Santiago de Celeiro, recentemente falecido en xaneiro de 2012, onde explicara o que fixera Harguindey polo sector pesqueiro local. Tamén participara o alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas.

Aquela homenaxe fora cualificada polo sector como «algo xusto, lóxico e merecido». A Harguindey débenselle, a implantación das casas do mar da provincia de Lugo, pero tamén propiciou a consecución das primeiras licencias de pesca comunitaria que se asignaron á flota lucense.

En palabras de Vicente Gradaille, no seu resumo con motivo da celebración das súas vodas de ouro sacerdotais, no ano 1999, citaba: “A él le debo mucho de lo que pude hacer socialmente por Celeiro, a Don Gerardo Harguidey Banet un hombre horado y con muchas ganas de ayudar al colectivo de mar”. “El pueblo tiene con el una deuda que todavía no se le ha reconocido”.

Exit mobile version