Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad “lamenta” as actitudes de Suárez Barcia e afirma que emprega “o victimismo para tapar as incompetencias”

Presidente popular: “A inmoralidade versa en non cumprir coas súas funcións de rexedor”

Penabad: “Os feitos evidencian a un goberno autonómico responsable e comprometido con Ribadeo fronte a un xestor local demagogo que incumpre as súas promesas”.

Ribadeo, 1 de febreiro de 2013.- O presidente dos Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, lamenta as declaracións postas de manifesto polo rexedor local, Fernando Suárez, que soamente poñen en evidencia a un xestor “demagogo que incumpre as súas promesas”.

Asegura López Penabad, que fronte a un Goberno Autonómico comprometido, realista, responsable, que intenta, na medida das súas posibilidades, acadar unha mellora en materia de servizos sociais, atopámonos a un Fernando Suárez incompetente, caracterizado por unha perda de oportunidades que redundarían fronte a un beneficio dos ribadenses.

Os populares lémbranlle a Suárez Barcia o compromiso incumprido polo bipartito na Xunta de Galicia en relación a construcción dunha residencia e centro de alzhéimer en Ribadeo e lembran que foi o goberno do PP quen se preocupou e puxo en marcha un mecanismo de búsqueda de alternativas para que se poida levar a cabo un proxecto que “outros deixaron en papel mollado”.

Lembra López Penabad, que foi a Conselleira da Benestar Social, quen propuxo a creación de corenta prazas concertadas para empresas interesadas en poñerse ao fronte.

O popular lamenta outra das continúas actitudes de Suárez Barcia, quen emprega o victimismo para tapar as súas incompetencias.

Exit mobile version