Site icon Crónica3.com A Mariña

Mesa redonda en Alfoz sobre emprendedores

100_7502Este pasado sábado, día 23 de febreiro, organizado polo SEVA (Seminario de estudos do Valadouro), celebrouse en Alfoz unha mesa redonda sobre os rapaces emprendedores. Colaborou na organización o Concello de Alfoz. O acto estivo moderado por Xabier Pardiñas, presidente do SEVA, e nel participaron Amparo Vizoso, psicóloga, que vén de abrir un gabinete psicolóxico na Seara (Alfoz), e Rubén García, socio e fundador da produtora Air-e, nacida hai poucos meses en Lugo; Rubén é tamén de Alfoz. Durante o debate cada un dos participantes contou a súa propia experiencia persoal nos inicios da súa empresa, falou das ideas innovadoras e das motivacións que o levaron a iniciar o negocio e deu consellos para os novos emprendedores que decidan seguir as súas propias iniciativas á hora de lanzarse ó mundo laboral.

Exit mobile version