A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela organiza para este sábado unhas xornadas orientadas á saúde e á prevención que denomina: ‘Osteopatía e nutrición na etapa menopáusica’. Ao acto están convidados o esteópata Ignacio Ruiz Maeso e a dietista e nutricionista Alba Vila Reija. A xornada desenvolverase o sábado 23 de febreiro ás doce do mediodía na Sala de Conferencias do Concello de Burela (antiga Biblioteca).