A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo estrea novos locais. ACISA trasládase á segunda planta de Avenida de Galicia, 20. Desde a directiva explican que se tratan duns locais máis amplos para poder manter reunións ou impartir cursos. O local cedeuno a CEL a quen agradecen a súa colaboración. ACISA tamén agradece ó Concello de Ribadeo que durante os últimos dous anos e media lles permitiu utilizar unha oficina na Casa do Viejo Pancho. As oficinas manterán o seu horario de atención aos asociados de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 de luns a venres. O seu teléfono segue a ser o 982 120 565.