Site icon Crónica3.com A Mariña

O bonito curricán seduce Xirona

25/01/13 F˜rum Gastron˜mic de Girona 2013. FOTO: PERE DURANOs produtos artesanais da firma Curricán Conservas Tradicionales de Xove acaparan o interese de expertos internacionais. Máis de 300 expositores participaron no Foro Gastronómico de Xirona que albergou ademais un centenar de actividades. A presentación da novidosa conserva de polbo curricán xunto coas variedades de bonito, xa consolidadas no mercado, sorprenderon neste encontro referente para o sector. A empresa Curricán agarda que a participación neste foro sirva para ampliar os seus clientes fóra de Galicia logo dos contactos establecidos ao longo dos últimos tres días. O Concello de Xove apoia a proxección das súas iniciativas locais de emprego.

Exit mobile version