Site icon Crónica3.com A Mariña

O Complexo Cultural Regalxunqueira inaugura a exposición “Dende Mañá”

A inauguración da mostra “Dende Mañá” celebrarase o venres 22 de febreiro ás oito do serán no Complexo Cultural Regalxunqueira. O acto contará cos poemas de Jaime Oroza e os debuxos de Otero Regal, libro recentemente editado con 38 exemplares. Tamén se presentará unha edición de 50 exemplares en DVD, no que se recolle o audiovisual do libro “Dende Mañá”, coa posibilidade da súa impresión por un prezo de 10 euros. Igualmente, no Souto da Esculturas, inaugurarase a exposición de esculturas de Otero Regal “Nomes de Muller”, cada unha destas esculturas irá acompañada dun poema de Jaime Oroza, feito ex profeso para estas pezas. O acto incluirá un recital de Jaime Oroza e J.J. Martínez Ferreira.

Exit mobile version