O Febreiro Máxico da Sala Castelao continúa este xoves 14 de febreiro a partir das once da noite. O mago Rafa será o segundo en pasar polo escenario nesta programación na que haberá unha actuación dun mago lucense de prestixio cada xoves do mes. Este ilusionista lucense conta cunha ampla experiencia no mundo da maxia ofrecendo uns espectáculos que teñen como obxectivos divertir e sorprender. As seguintes actuacións do ciclo estarán a cargo de Sasha, o 21, e Teto, o 28. O prezo da entrada é de 5 euros.