Site icon Crónica3.com A Mariña

O conto será a temática da festa de Entroido da asociación Conde Santo

decoracion-entroido lourenzá2A  Asociación Conde Santo de Lourenzá celebrará o vindeiro luns 11 de febreiro unha gran festa de Entroido no mercado gandeiro da localidade baixo a temática dos contos ÉRASE UNHA VEZ… será o lema principal desa tarde-noite que contará coa decoración dun abanico de figurras feitas á man representando distintos contos.
A festa comezará as cinco da tarde con animación infantil e chocolate gratuíto.
Unha vez rematada a festa infantil, e tras  un pequeno descanso, as portas abriranse de novo a partir das  das dez da noite para dar paso á festa de adultos e ó desfile. A partir das once actuará o Trío Mayel. Poderase desfilar, a partir das once e media, individualmente, por parella ou en grupo. Os premios cos que se dotarán ós gañadores, que non teñen porque disfrazarse acorde coa temática da festa, serán: 30 euros na categoría individual, 60 á parella, 120 ó grupo e 30 euros ao máis gracioso.
As entradas para a festa de adultos, onde se sorteráunha cesta con produto típicos do carnaval, poderanse comprar por 3 euros (venda anticipada) ata o luns 11 as dúas da tarde en calquera dos bares de Lourenzá,  o prezo en taquilla nesa mesma noite será de 5 euros. A sesión infantil será totalmente gratuíta para nenos e acompañantes.

Exit mobile version