Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do número 54 da Revista Galega de Educación en Burela

presentación revista NEG_febreiro2013Despois do éxito da presentación en Ribadeo do libro Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (Ed: Laiovento, 2012) con Aurora Marco, o Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coas súas actividades. A próxima cita terá lugar o xoves 14 de febreiro ás 20.00h no IES Monte Castelo de Burela para presentar o número 54 da Revista Galega de Educación que publica Nova Escola Galega. O monográfico “Construíndo os afectos desde a escola” será presentando por: Emilio González Legaspi, representante de Nova Escola Galega; Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico; África López Souto, colaboradora no monográfico e Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Exit mobile version