Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que a Deputación non realiza “nin as labores mínimas” de mantemento en estradas de titularidade provincial

O GPP asegura que a Deputación que preside Gómez Besteiro non realiza nin as labores mínimas de mantemento en estradas de titularidade provincial

Lugo, 01-02-2013 – O Grupo Provincial do Partido Popular asegura que a Deputación de Lugo, que preside José Ramón Gómez Besteiro, non realiza nin as labores mínimas de mantemento en algunhas estradas de titularidade provincial. O estado que presenta moitos destas vías propiedade do ente provincial é “lamentable, con importantes baches e desprendementos en terrapléns, froito da xestión incompetente” dun goberno bipartito que ao parecer “é incapaz de controlar a conservación destes viais”.

Así o puxo de manifesto a voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, quen lamenta que Gómez Besteiro se adique principalmente a desviar a atención do que todos podemos ver: “ que moitas vías provincias están intransitables pola súa incapacidade e incompetencia”. Un xestor, cuxo balance de goberno, se caracteriza por esta ineficacia no cumprimento das súas responsabilidades “non ten autoridade moral para criticar a ninguén”.

Neste senso, a voceira dos populares pregúntase se tamén é culpa do seu partido que existan fochancas de máis dun metro cadrado en algunhas vías ou que con frecuencia os alcaldes reclamen arranxos de viais ante a pasividade da Deputación Provincial. “A caso cree Gómez Besteiro que as infraestruturas se conservan soas?”, plantéxase a portavoz popular.

Ante esta situación, Elena Candia úrxelle á Deputación de Lugo que cumpra coas súas responsabilidades e que poña en marcha con carácter de urxencia un plan de rebacheo, incrementando o investimento en mantemento, e dando resposta as demandas.

Exit mobile version