Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés comenza coas actividades dirixidas a seniors

Burela, a 18 de febreiro de 2013.- O Partido Popular de Burela comenzará en breve unha serie de actividades que lles permitan estar presentes de forma permanente entre a sociedade burelesa, de xeito que se visualice a preocupación dos populares bureleses non só pola política en si mesma senón por tratar temas que lle afectan a distintos sectores da poboación.

Así, o PP burelés tén constituido un comité de traballo de cara a organizar actividades para seniors, é decir, persoas xubiladas ou prexubiladas. A través destas actividades preténdese tratar temas de interese para estas persoas.

A primeira das actividades para seniors está prevista para o vindeiro venres, día un de marzo; consistirá nun cursiño de hora e media de duración de actualización en materia de seguridade vial e conducción de vehículos. O curso será impartido pola Autoescuela Burela, sendo totalmente gratuito para os asistentes. O número de asistentes é de vintecinco, e as persoas interesadas poden apuntarse chamando ós tfnos 625 49 29 81 e 670 01 41 06. No caso de haber máis inscritos ca prazas, realizaríase un segundo cursiños en datas próximas.

Desde o Partido Popular queren agradecer a colaboración de Autoescuela Burela para a realización desta actividade. Proximamente organizaranse charlas para tratar temas vinculados coa saúde, a alimentación, a seguridade no fogar, etc.

Exit mobile version