Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo escolleu “Sigamos avanzando” como lema para o XVI Congreso Provincial do 2 de marzo

XVI CONGRESO PROVINCIAL

“Sigamos avanzando”, slogan do XVI Congreso do PP de Lugo

O lema responde á necesidade de continuar a liña emprendida polos populares durante os últimos anos

O conclave terá lugar o vindeiro día 2 de marzo no concello mariñán de Burela

Lugo 2-2-2013.- A Presidenta do Comité Organizador do XVI Congreso do PP de Lugo, Julia Rodríguez Barreira, anunciou esta mañá o slogan que os populares lucences elixiron para o conclave provincial.

“O PP de Lugo escolleu ‘Sigamos avanzando’ como lema para o XVI Congreso que se celebrará o vindeiro día 2 de marzo en Burela e no que José Manuel Barreiro será reelixido presidente dos populares lucenses”, manifestou Rodríguez Barreira.

Julia Rodríguez explicou que o slogan responde á necesidade de que nos vindeiros anos se continúe na mesma liña emprendida polos populares nos últimos anos.

“Nos últimos anos, os populares lucenses avanzamos moito, non só en resultados e vitorias electorais, senón tamén medrando en número de simpatizantes e afiliados”, afirmou.

O Congreso terá lugar o vindeiro día 2 de marzo e nel José Manuel Barreiro será reelixido Presidente do PP de Lugo. Cóntase coa participación de preto de 800 compromisarios.

Exit mobile version