Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo considera “curioso” que cada vez que presenta unha iniciativa a alcadía asegure que xa está a traballar nela

Os populares locais consideran “curioso” que cada vez que o PP presenta unha iniciativa, a Alcaldía asegure que xa está a traballar nela

Mondoñedo, 01 de febreiro de 2013- Os populares consideran “curioso” que cada vez que o PP presenta unha iniciativa, a Alcaldía asegure que xa está a traballar nela, e explican que o seu deber como oposición, “ao non ver resultados ao respecto”, é presentar iniciativas que promovan a xestión do goberno bipartito. Dado isto e tendo en conta as declaracións vertidas nos medios polo edil de Turismo, Xusto Fernández Haro; o Partido Popular de Mondoñedo pídelle ao goberno bipartito local que dea conta das xestións promovidas ata a data para a posta en marcha dun museo da imprenta.

A voceira dos populares agradece a boa dispoñibilidade posta de manifesto polo edil de cara a posta en marcha do museo, pero de ser certo que esta é unha iniciativa da que a alcaldía ten constancia dende fai anos, a popular pregúntase porque motivo “non se está a materializar de xeito inmediato e eficaz”.

Elena Candia considera que as ideas que redundan no beneficio de Mondoñedo se deben “promover de forma inmediata e áxil e o bipartito contou co tempo suficiente para levalo a cabo”. Así, os populares queren coñecer cales son os trámites promovidos ao longo destes últimos anos, xa que os proxectos materialízanse ao abeiro do esforzo e de traballo e non con “simples pretensións esquecidas nos caixóns”.

A portavoz popular louvase de que unha iniciativa rexistrada polo Grupo Popular Local permita que o goberno bipartito lembre propostas que todo parece indicar que tiña esquecidas no caixón. Así, a popular esíxelle que se axilicen de maneira inmediata estes contactos, aproveitando así un recurso turístico para Mondoñedo.

Colaboración da Xunta de Galicia

Así mesmo, o Partido Popular de Mondoñedo agradece a colaboración e cooperación posta de manifesto unha vez máis pola Xunta de Galicia co concello de Mondoñedo, pese a non tratarse dun vial da súa titularidade. Os populares locais fan estas declaracións en relación ao informe remitido dende a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas coas actuacións que o Concello debe executar para solucionar a inestabilidade dun noiro no vial de acceso de Orxal a Pausalido.

De igual maneira, a voceira popular asegura que o seu partido espera tamén a implicación das outras administracións no exercicio das súas competencias. Candia defende a cooperación entre todas as administracións para acadar obxectivos que redunden no beneficio colectivo.

Exit mobile version