Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo esixirá ó Concello que faga as xestións oportunas e informe aos afectados pola zona de protección do Castro das Penelas

Mondoñedo, 27 de febreiro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo presentará unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria municipal na que insta ao concello a que faga as xestións oportunas e informe aos afectados pola zona de protección do Castro das Penelas. Os populares lembran a existencia de denuncias de asociacións ecoloxistas aos propietarios de terreos localizados en torno ao Castro das Penelas, na parroquia mindoniense de Masma.

Os populares esíxenlle ao goberno local que intermedie, facendo uso dos seus medios, na defensa dos dereitos dos propietarios afectados no proceso de concentración parcelaria que ben limitado o seu dereito de propiedade.

En concreto, os populares instan ao concello a que faga as xestións precisas e que emita os informes pertinentes elaboradores polo seus técnicos, dado que no concello traballa un arqueólogo municipal. Así, o PP presenta esta moción co único obxecto de que se fagan os trámites precisos para que os veciños non vexan mermados os seus dereitos.

Asemade, o Partido Popular levará a cabo unha campaña informativa e o sábado pola tarde manterá unha xuntanza cos veciños da parroquia de Masma para que estean perfectamente informados.

Exit mobile version