Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro demanda a limpeza da praia do Porto de Celeiro

O PP de Viveiro denuncia que “veciños de Celeiro séntense indignados e molestos co Goberno local pola situación actual de abandono na que se atopa a praia do Porto, con restos de madeiras, plásticos e outros residuos que provocan que esta praia tan querida polos veciños se atope sucia e abandonada desde o último temporal, desde fai máis de dúas semanas”. Así, Celestino García, tamén critica que o alumeado e as árbores que adorna no pasei a pe de praia estean hoxe en pleno abandono.

O PP de Viveiro comprobou que ata o martes 19 de febreiro esta era a situación na que se atopa a praia situada no entorno urbano de Celeiro. Por este motivo, solicita á delegación de limpeza e medio ambiente do goberno local que faga súa a solicitude dos veciños de Celeiro e que toman as medidas necesarios para facer efectiva, dun modo inmediato, a súa limpeza.

Exit mobile version