Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela apoia á Plataforma na Defensa da Sanidade Públida da Mariña e anima a todos os veciños e veciñas a participar na protesta

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos informar a todos os veciños e veciñas de Burela que dende a nosa organización se vai a dar un apoio explícito á Plataforma en defensa da sanidade pública na Mariña na súa defensa dunha área sanitaria na Mariña que respete á independencia do Hospital da Costa e en contra dos recortes de servizos que o desmantelamento desta área sanitaria da Mariña suporía do noso benquerido Hospital da Costa. Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos animar a todos os veciños e veciñas do noso pobo a participar nesta protesta pacífica e invitalos a defender o noso Hospital e a súa independencia, non só iso, senón que ademais temos que reclamar a súa ampliación tanto de espazo físico como asistencial, pedindo que se dote de máis medios e máis servizos.

Queremos tamén esixirlle ó Sr Barcia, alcalde dos veciños e veciñas de Burela, que se poña á fronte desta reclamacións e que defenda os intereses dos nosos veciños e veciñas, que para iso o elixiron, e se deixe de defender os intereses partidistas da súa agrupación política. Queremos tamén poñernos a disposición do alcalde para reclamar a ampliación de servizos e a independencia do mesmo e entre todos conseguir que non se leve a cabo a implantación da xestión integrada en Lugo que suporá a perda de poder de decisión da Dirección do nosos Hospital pasando a depender directamente da xestión que se faga dende Lugo. Se o alcalde defende os intereses dos veciños que non lle caiba dúbida que estaremos apoiándoo en todo aquilo que precise.

Queremos recordar que o Sr Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), na campaña electoral chegou a prometer ata en seis ocasións a ampliación do Hospital da Costa e non vaia a pensar o Sr Feijoo que os veciños e veciñas de Burela se esquecen destas promesas. Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos esixirlle ó Sr Feijoo que cumpra cós veciños de Burela e da Mariña e entendemos que o Sr Barcia (alcalde de Burela) ten a obriga de pelexar porque esta promesa electoral se leve a cabo.

Exit mobile version