Con motivo da negociación dos Presupostos Municipais do Concello de Foz para este ano, o Grupo Municipal Socialista xa anunciou días atrás que solicitaría a inclusión dunha partida para a posta en marcha dun Plan de Emprego. A este respecto, queremos deixar clara a nosa intención de que dito Plan sexa totalmente distinto ao do ano 2012, no que o Partido Popular faltou ao seu compromiso dunha elaboración conxunta das bases de selección entre os grupos políticos. Con carácter previo á aprobación dos Presupostos deste ano, imos esixir un compromiso firme de que as bases de selección para o Plan de Emprego se acorden nunha Xunta de Voceiros, e que nas mesmas se primen dous criterios fundamentais: o número de membros desempregados da unidade familiar e as cargas familiares.
Neste punto, en relación á aprobación dos Presupostos Municipais do ano 2012, queremos pedirlle ao Portavoz de Unifoz, o Sr. Cancio, que non trate de confundir aos veciños, pois é certo que o Partido Socialista non votou a favor de dito Presuposto senón que se abstivo, pero tamén é verdade que si o noso Grupo non se abstivera non sairía adiante o Presuposto porque Unifoz votou en contra. E aí está a diferencia, en que o Partido Socialista sempre pensa nos traballadores, e, gracias a iso, 24 persoas traballaron no Concello de Foz a través do Plan de Emprego. Polo que, dende o Grupo Socialista nos preguntamos a quen trata de enganar o Sr. Cancio, pois nós xa coñecemos as súas artimañas e xa non nos engana.
Aproveitamos para recordarlle tamén que, a pesar de que agora veña esixindo o cumprimento das consecuencias económicas da RPT, cando o Grupo Socialista levou a Pleno unha moción nese sentido, Unifoz propuxo que o asunto quedase sobre a mesa, supoñemos que coa intención de retrasar o tema, pero o Partido Socialista esixiu que se votara a moción nese momento, e, gracias a iso, foi aprobada polo Pleno da Corporación. Así que lle pedimos de novo ao Sr. Cancio que non trate de distorsionar a realidade.
En último termo, sinalar que é moi difícil de comprender para o Grupo Municipal Socialista, o feito de ter que estar escoitando tódolos días ao Sr. Alcalde dicir que non hai cartos no Concello de Foz, e resulta que das facturas recibidas ata o 31 de decembro de 2012 quedaron fóra de contabilidade 250.000 euros, é dicir, máis de 40 millóns de pesetas, e iso sen ter en conta as que chegaron con posterioridade, polo que nos preguntamos ¿cantas máis haberá a día de hoxe? Con este dato se pode comprobar que o Partido Popular é todo un experto en gastar diñeiro, e encima non sabemos nin en que se gastou, ou ¿disto tamén van a culpar ao Goberno anterior?
Estes feitos nos colocan nunha situación de enorme dificultade para buscar solucións para a xente que o necesita, persoas en desemprego e que o están pasando realmente mal, a pesar de iso, dende o Grupo Municipal Socialista de Foz, intentaremos facer o posible para beneficiar e axudar a estes colectivos.